O Centro Social da Rocheira en Coristanco mostrará as posibilidades dos drons no agrogandeiro e o forestal
xoves, 20 de febreiro do 2025
No marco dun contexto de transformación dixital e innovación no medio rural, o Centro Social da Rocheira (Coristanco) acollerá a vindeira semana, o xoves 27 de febreiro, unha xornada dedicada á utilización dos drons en sectores agrogandeiros e forestais. A iniciativa, organizada polo Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, comprometido co impulso das tecnoloxÃas e do emprendemento no medio rural, conta coa colaboración da empresa galega Aerocamaras, referente en solucións e tecnoloxÃa aplicada á agricultura de precisión e da súa joint-venture, DJI Agricultura Ibérica, que ofrece solucións integrais en agricultura e da súa colaboradora CultivDron, que ofrece solucións innovadoras en cultivos.
En concreto, a xornada Drons e Innovación Rural pretende dar a coñecer as vantaxes da tecnoloxÃa dron, para optimizar a monitoraxe de cultivos, xestión de gando e a aplicación de fitosanitarios. O evento, dirixido a emprendedores, empresarios, profesionais e estudantes, aposta pola innovación como vÃa para aumentar a competitividade e a sustentabilidade das explotacións rurais. Desenvolverase en horario de 11.00 a 14.00 horas.
A xornada iniciaras ás 11.00 horas cunha presentación teórica que abordará os seguintes puntos:
-Os diferentes tipos de drons empregados na agricultura e a ganderÃa.
-As aplicacións prácticas: monitoraxe de cultivos, xestión de gando, pulverización de precisión, entre outras.
-Os aspectos normativos e análise de custos e investimentos.
A sesión estará a cargo dos técnicos de Aerocamaras, que compartiran a súa experiencia en tecnoloxÃa agrÃcola de precisión.
Entre as 12:30 e as 14:00 realizarase unha demostración práctica no campo, empregando o Campo de Fútbol lindeiro co Centro Social Interxeracional de A Rocheira. Nesta segunda parte, os asistentes poderán ver en tempo real o voo e o manexo básico dun dron agrÃcola, a aplicación de fitosanitarios mediante dron e a captura de imaxes para a análise de cultivos, seguida dunha sesión de preguntas e respostas.
A iniciativa enmárcase no compromiso da EFA Fonteboa e de Aerocámaras por dinamizar o rural galego, creando un espazo de encontro e intercambio de ideas que favoreza futuras colaboracións e o desenvolvemento de novos proxectos innovadores.
Quen precise máis información pode contactar co móbil 680 622 929 (José Manuel Campos) ou coa conta de correo fonteboa@fonteboa.es. A folla de inscrición está dispoñÃbel en liña.