O Centro de Artes Dixitais de Galicia será realidade dentro de 2 anos
martes, 29 de agosto do 2023
A Xunta vén de adxudicar as obras para a construción do que será o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia nun prazo máximo de 24 meses, seis meses antes do tempo fixado na
licitación.
Este proxecto,
adxudicado á construtora galega San José S.A., non precisa dun edificio novo xa
que adaptarase unha superficie soterrada xa existente e en desuso na Cidade da
Cultura, un espazo de 4.400 metros cadrados deseñados no seu momento como
aparcadoiro do Teatro da Música, un dos edificios do proxecto orixinal do Gaiás
que non foron finalmente construÃdos.
A localización na
Cidade da Cultura permite un aforro significativo xa que, ademais de non ter
que adquirirse un soar cos parámetros que se precisan para un centro destas
caracterÃsticas, aproveitaranse as redes tecnolóxicas, de enerxÃa e seguridade
existentes no Gaiás, asà como as sinerxÃas e conexións con outros servizos
localizados na Cidade da Cultura, como a AMTEGA, o Polo GaiásTech ou o
Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) dependente do CSIC.
Esta
circunstancia explica, en boa medida, que as obras para realizar un proxecto
desta natureza sexan adxudicadas por 4,45 millóns (IVE incluÃdo), investimento
54.900 euros inferior ao importe de licitación.
Modernización do sector cultural
Equipado con
tecnoloxÃa de última xeración, o centro permitirá vivir experiencias inmersivas
e de realidade virtual e aumentada, asà como zonas de videomapping para
intervencións artÃsticas de gran formato, áreas de experimentación con
laboratorios creativos e espazos para a formación da comunidade escolar e
artÃstica.
O centro porase
en marcha coa vocación de converterse nun espazo de exhibición de referencia en
España para acoller proxectos artÃsticos ambiciosos impulsados a partir das
artes dixitais. Ao mesmo tempo, desenvolverá unha actividade como banco de
experimentación onde as xeracións de creadores galegas atopen recursos
innovadores para desenvolver a súa acción creativa.
Este proxecto
está conectado coa estratexia de dixitalización da cultura que está a levar a
cabo a Xunta de Galicia, convertendo este equipamento nunha peza clave para
preservar e divulgar o patrimonio material e inmaterial.
Os traballos de
construción do centro non afectarán ao normal funcionamento das institucións
situadas no Gaiás nin das actividades que se realizan e tampouco alterarán ou
interferirán no valor arquitectónico singular do complexo.