O Centro de Dinamización de Vilasantar prosegue cos seus cursos en xaneiro

martes, 19 de xaneiro do 2010 Raquel Noya

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Vilasantar, vén de anunciar máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar nos vindeiros días nesta localidade e que servirán para adentrar á cidadanía do lugar na Sociedade da Información, así como para quitarlle máis partido ás ferramentas tecnolóxicas que estas persoas teñen á súa disposición.
Os obradoiros que se van desenvolver nesta segunda quincena de xaneiro son as que seguen:
-Redes sociais: este obradoiro ten como obxectivo transmitirlle ás persoas asistentes o funcionamento deste servizo de Internet. Os alumnos e alumnas que asistan a este curso coñecerán o funcionamento da web 2.0 e aprenderán a aproveitala en beneficio propio. Desenvolverase de martes a xoves, do 19 ao 21 de xaneiro, de 17.30 a 19.00 horas.

- Presentacións: Impress: este obradoiro pretende capacitar ás persoas usuarias para que sexan quen de empregar OpenOffice Impress para crear unha presentación. Tamén se desenvolverá de luns a xoves, do 25 ao 28 de xaneiro, de 17.30 a 19.30 horas.
O prazo de inscrición para estas actividades rematará a véspera do comezo de cada unha delas.

PUBLICIDADE