O Chrome para iPhone integra Google Lens
mércores, 19 de febreiro do 2025
- Xa é posible facer un cÃrculo na pantalla para buscar información sobre algo que se vexa no Chrome para iOS
A tecnoloxÃa de Google Lens leva moito tempo presente en dispositivos con Android, mentres que nos iPhone limitábase practicamente á aplicación oficial da propia Google, pero agora lévana un paso máis adiante e introdúcena no propio navegador Google Chrome, de xeito que unha vez aberta a aplicación podemos premer no menú de tres puntos e seleccionar a opción de buscar en pantalla con Google Lens (opción que nos vindeiros meses contará cun botón de seu na barra de enderezos) trasladando aos móbiles unha función de Chrome que xa está presente na súa versión de escritorio dende o pasado verán.
Deste xeito resulta moi doado aplicar unha busca sobre o contido que sae no navegador web de Google, tirando un proveito máis directo da intelixencia artificial da compañÃa de Mountain View, que atopa asà un xeito de coarse un pouco máis en dispositivos de Apple, como tamén fai coa aplicación de Gemini para iOS, que abre a porta á IA de Google no iPhone.