O Clúster TIC Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral
venres, 30 de xuño do 2023
O Clúster TIC
Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria facendo especial fincapé na
inminente apertura do Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC,
prevista para este mes de setembro, e o plan formativo desenvolvido en
colaboración coa ConsellerÃa de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta e que
supuxo o 40 % dos cursos impartidos en 2022 por grupos empresariais en Galicia.
No caso do polo
tecnolóxico valorouse o avance das obras no CSA, que concluirán nas vindeiras
semanas para proceder á instalación do equipamento preciso. Nesta orde de
cousas, tamén se fixo mención a Galicia Turistic, proxecto no que participa o
Clúster TIC Galicia, entre outras entidades, e cuxas instalacións tamén se
dotaron dos servizos necesarios o pasado ano.
Durante o evento,
que tivo lugar no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Santiago,
tamén se destacaron as accións realizadas para mellorar as competencias e
habilidades dixitais de traballadores, autónomos e desempregados. Entre elas, o
plan formativo posto en marcha en 2022, con preto de 250 cursos e un orzamento
de 1,6 millóns de euros, e que está a continuar neste 2023 con máis de 200
formacións e ao redor de 2 millóns de euros de orzamento, a través dos
convenios asinados coa ConsellerÃa de Promoción do Emprego e Igualdade.
Novas prestacións para os socios
O Clúster TIC
Galicia avanzou, ademais, a prestación de novos servizos para os asociados,
entre eles, unha área de emprego para axudar ás empresas a atopar talento
cualificado ou a creación dunha xanela en liña permanente conectada co Mapa de
Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, actualizado con carácter periódico para que
calquera entidade interesada (organismo, cliente ou socio potencial) poida
identificar e solicitar posibles provedores tecnolóxicos, especialmente
asociados, a través da consulta dos seus produtos, servizos e capacidades.
Durante a
asemblea, que se puido seguir de forma presencial e en remoto, tamén se
presentou o informe económico de xestión do 2022, asà como o orzamento e a
proposta de actividades deste ano para a súa aprobación, como os programas Tech
Angel e Startups TIC para o fomento do investimento tecnolóxico, realizados en
colaboración coa AMTEGA e o IGAPE.
Subliñouse tamén
o impulso da transformación dixital de empresas galegas a través da
participación activa nos hubs de innovación dixital DIHGIGAL e EDIH
DATAlife, e o desenvolvemento dun Plan Industrial para as TIC que permita
incrementar o emprego no sector tecnolóxico galego en 8.000 profesionais
engadidos netos.