O Clúster TIC Galicia e o Clúster da Madeira preparan a xornada Intelixencia Artificial Aplicada á Empresa
luns, 24 de febreiro do 2025
Será o mércores 5 de marzo cando teña lugar a sesión informativa Intelixencia Artificial aplicada á empresa, organizada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración co Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD). Trátase dunha xornada para abordar como dar soporte á oficina técnica de prototipos e elaboración de planos de fabricación neste sector. O encontro en cuestión celebrarase no Biopolo A Sionlla de Santiago de Compostela, expoñerase tamén como a integración da IA nos negocios permite un feedback activo mediante a análise en tempo real de recensións e comentarios, identificando oportunidades de mellora en produtos e servizos mentres se reforza a relación cos clientes.
Alén disto, explicarase como analizar os datos de clientes para crear campañas personalizadas, o que asegura que cada mensaxe sexa relevante, aumentando a taxa de conversión e reducindo os custos de márketing. Para rematar, tratarase como a xestión dinámica de inventarios con ferramentas de IA mantén niveis óptimos de stock en todas as fases da cadea, minimizando os custos asociados a excedentes ou escaseza de produtos. Para participar no evento é preciso inscribirse aquÃ.
Axenda
10 h. Estratexia do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia en relación á IA. Ricardo González, xerente do CMD.
10:15 h. Que é a IA Xen. Javier MartÃnez, Possible Incorporated.
10:30 h. Caso de uso. Aplicación da IA nunha empresa do sector da madeira. Gregorio González, FINSA.
11 h. Café-Networking
11:30 h. PosÃbeis proxectos de implementación da IA no sector da madeira. Representantes das seguintes empresas: Catro Dixital, Plexus, Merlin Software. Enxenio SL, Tesla e Cinfo.
12:30 h. Oportunidades de financiamento. Andrés Xastre, director de proxectos do Clúster TIC Galicia.
12:45 h. Conclusións e vindeiros pasos.
13 h. Fin da Xornada.