O Clúster TIC Galicia exhibe en Madrid o potencial innovador das tecnolóxicas galegas
mércores, 29 de outubro do 2025
O Clúster TIC Galicia participa por primeira vez en Tech Show Madrid, unha das principais citas tecnolóxicas do paÃs, que se celebra hoxe e mañá en Ifema. A entidade busca potenciar a innovación con selo galego mediante un expositor propio na área Big Data & AI World, onde seis das súas empresas asociadas —2bedigital, CTL Spain, DataDefend Solutions, Ilux Visual Technologies, RCA Systems e ScanMeNow— presentan as súas solucións máis avanzadas en intelixencia artificial, ciberseguridade, realidade aumentada ou colaboración dixital.
A participación nesta feira enmárcase no labor do Clúster de promover e internacionalizar o sector tecnolóxico galego, facilitando que as empresas poidan exhibir os seus proxectos, establecer contactos comerciais e abrir novas vÃas de colaboración tanto no mercado estatal como no internacional. «Queremos visibilizar o talento e as solucións das nosas asociadas en feiras estratéxicas como o Tech Show Madrid ou GITEX Dubái, onde estivemos recentemente, co obxectivo de fortalecer o posicionamento de Galicia como referente en novas tecnoloxÃas e potenciar as alianzas con outros actores», sinala o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio RodrÃguez del Corral.
Tech Show Madrid reúne nesta edición máis de 470 expositores, 350 relatores e unha previsión de 25.000 visitantes. No marco desta feira, ScanMeNow, con sede na Coruña e nacida como spin-off de Ilux Visual Technologies, presentará un sistema pioneiro de identidade dixital mediante avatares 3D hiperrealistas xerados con intelixencia artificial, capaces de replicar movementos e expresións humanas.
Pola súa banda, 2bedigital, axencia compostelá especializada en performance márketing e IA aplicada ao comercio electrónico, mostrará as súas solucións de realidade aumentada, como Click2Try, unha tecnoloxÃa que permite probar produtos virtualmente e personalizar a experiencia de compra.
DataDefend Solutions, consultora de ciberseguridade, dará a coñecer o seu servizo CISO as a Service e SOC 24/7, orientado á protección e cumprimento normativo das pemes. RCA Systems, con base na Coruña, exhibirá solucións de colaboración baseadas en Nextcloud Hub e servizos de aloxamento seguro en infraestruturas propias situadas en España.
Tamén estará presente CTL Spain, con sede en Vigo, un dos principais fabricantes internacionais de dispositivos ChromeOS, que presentará as súas Chromeboxes para sinalización dixital e sistemas de videoconferencia compatibles con Google Meet.
