No marco do evento LibreCon 2015 fíxose acto de entrega dos Premios Clúster TIC Galicia, para os que se presentaron 34 candidaturas repartidas en 5 candidaturas e que analizou pormenorizadamente un Comité Avaliador Experto. A pasada tarde foi cando os gañadores puideron saber como se vía recoñecido o seu traballo, que supón unha importante contribución ao desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información.
Esta iniciativa busca destacar ante a sociedade o labor das empresas, profesionais e entidades que deseñan, programan desenvolven, implantan e usan produtos ou servizos galegos que teñen a innovación e o uso das TIC como razón de ser.
Na categoría de Innovación a empresa coruñesa Avansig foi a que veu recoñecida o seu traballo; na categoría de Internacionalización destacou Quobis, empresa do Porriño que fai grandes esforzos para abrirse a mercados exteriores; a coruñesa Altia Consultores veu recoñecido o seu Liderado TIC; Brookesia foi a compañía de San Cibrao das Viñas que destacou como Startup; e finalmente a categoría de Software Libre foi conquistada pola coruñesa Igalia.
O Clúster TIC destaca o labor de 5 empresas galegas nos seus premios
Compartir Este Artigo
