O Clúster TIC e LaconNetwork entregan na Coruña os seus premios conxuntos

xoves, 1 de febreiro do 2018 Fernando Sarasketa

Este 2 de febreiro, no marco da celebración do oitavo aniversario da xuntanza de profesionais galegos LaconNetwork, entregaranse os galardóns da primeira edición dos Premios TIC Galicia. A cita dupla, como lembramos os días pasados, será na Coruña, no recinto de PALEXCO, incluíndo charlas, mesas de debate e a entrega de galardóns propiamente dita (pola tarde engadirase un Demo Day da aceleradora Conector e unha nova iniciativa de pitching onde emprendedores de proxectos exporán a asistentes e investidores cadansúas propostas de negocio). No que se refire aos premios, veñen da man do Clúster TIC Galicia e da organización da LaconNetwork. Segundo nos contan os promotores do certame, as mencións especiais irán dar Tino Fernández (Altia), o CNTG e a firma Supervisión e Control.
A entrega de condecoracións comezará ás 11:30 horas e, ao longo dela, daranse a coñecer oficialmente os gañadores das seis categorías que teñen finalistas. No transcurso da gala, que presentará Fran Hermida, faranse mencións especiais á Traxectoria, cuxo recoñecemento será para Tino Fernández da empresa Altia Consultores, mención especial a Iniciativa TIC, que será para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) pola axuda na creación, lanzamento e/ou asentamento de empresas e, por último, para a Empresa Tractora, que este ano recae en Supervisión e Control pola súa aposta e confianza nas startups galegas, contratando os seus servizos e/ou produtos e, en palabras do xurado, “ofrecendo unha oportunidade firme de negocio”.
Finalistas das 6 categorías
Categoría: Startup
· Situm Techologies
· Citious Team (ConverFit)
· Boardfy Pricing
Categoría Software Libre
· Implantación de Koha ILS na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, de Xercode
· Migración a LibreOffice da Xunta de Galicia, de LibreBit
· Escornabot, de Escornabot
Categoría Marketing Dixital
· Campaña de lanzamento de Trazers, de Visual Publinet
· Campaña Menos Cotilleo más Pulpo, de Roi Scroll
· Campaña Fai Historia con nós, da axencia Nasas
Categoría: Innovación (I+D+i)
· CO2 Smart Tech, polo proxecto Cloud Computing aplicado á Xestión Enerxética Integral da Industria 4.0
· Bahía Software, polo proxecto uForest
· Cinfo, polo proxecto Multicam
Categoría: Internacionalización
· Imatia Innovation
· Netex Knowledge Factory
· Redegal
Categoría: Evanxelizador
· José Luis de la Casa de la Aldea
· Jacobo García Durán
· André Castelo

PUBLICIDADE