O Clúster TIC organiza un obradoiro sobre innovación interna colaboración con Node Hub Galicia

venres, 17 de outubro do 2025 S. P.

O Clúster TIC Galicia organiza, en colaboración con Node Hub, o Taller para o Desenvolvemento da Innovación Interna. Será o vindeiro martes 28 de outubro, de 9:00 h a 14:00 h, no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC (A Coruña). Trátase dunha xornada práctica, aberta a empresas que queiran impulsar a creatividade, fomentar a cultura innovadora e descubrir novas formas de resolver retos reais dentro da súa organización.
Carlota Corzo, directora executiva (CEO) de Innovaslab, será a encargada de abrir a sesión cunha keynote inspiradora sobre como converter as ideas en impacto. Corzo foi incluída na prestixiosa lista Forbes 30 Under 30 España 2022, que recoñece a mozos influentes en diferentes ámbitos, grazas ao seu proxecto Lázzaro, agora transformado en Innovaslab. Esta empresa desenvolve distintos proxectos tecnolóxicos, como software, aplicacións móbiles, solucións con IA e cadea de bloques (blockchain) ou produtos dixitais para diferentes tipos de clientes, desde ONGs ata emprendedores, pasando por empresas consolidadas.
Na xornada do 28 de outubro, abordarase, ademais, como crear dunha contorna de confianza para innovar, como detectar oportunidades de mellora dentro da nosa empresa, como xerar e prototipar ides en tempo récord, e como compartir e validar solucións con outros profesionais do sector.
O obradoiro inclúe pausa para o café e e comida networking. As inscricións poden facerse en liña.