O Clúster TIC presentará 14 proxectos galegos desenvolvidos ao abeiro de IA360

venres, 19 de setembro do 2025 S. P.

O Clúster TIC Galicia celebrará o próximo xoves 25 de setembro, de 9:30 h a 11:00 h, o seminario en liña Proxectos IA360 no que se presentarán os 14 proxectos que as empresas socias levaron á convocatoria IA360, axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial (IG408M), convocadas polo IGAPE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneratioUE.
Os proxectos que se amosarán son os seguintes:
-Cinfo: TiiVii Toolbox: sistema de IA.
-Deicom Technologies: RedIA. Análises de datos e IA aplicada á Supervisión avanzada de redes de baixa tensión.
-Galvin Tecnológica ( Galvintec): Moodular IA. Módulo de IA para optimizar sistemas de picking en almacéns e centros de distribución.
-Ilux Visual Technologies: Mindforge. Máis alá dun buscador intelixente.
-Imatia Innovation: IA360 – Impilot desenvolve copilotos de Intelixencia Artificial aplicados á Administración Pública e aos servizos sociais, mellorando o acceso cidadá á información en sedes electrónicas e optimizando o traballo dos profesionais sociais con ferramentas intelixentes.
-Imaxin: LYNX. Nova Xeración de Asistentes Intelixentes para a Transformación Dixital das empresas e administracións (Chatbot RAG).
-In2AI: Prevención de acceso non autorizado a datos con asistentes conversacionais e monitoraxe de actividade para a avaliación de rendemento en produtividade de empregados.
-Prefapp Cloud Consulting: Integración de IA en firestartr.dev.
-Quobis: Smart Answer, solución de operador que responde chamadas entrantes de números descoñecidos cun asistente virtual baseado en IA.
-Situm: GAIA (Geospatial Assistance for Intelligent Acknowledgment).
-Sixtema: LEVAD-360, solución de xestión que mediante IA e recuperación aumentada busca converter información empresarial nun recurso estratéxico.
-SREC Solution: SINVAD - Standard intelligent interactive virtual assistant design.
-Tesla Technologies & Sof tware: Indicages: plataforma de IA para a xestión e certificación de indicadores de sustentabilidade.
-TorusWare & Vegalsa: Provia: optimización do proceso de provisión de servizos/produtos especializados en tenda mediante Intelixencia Artificial.