O Colexio Miraflores estreou unha Aula de Divulgación CientÃfica en colaboración coa UNED
venres, 23 de abril do 2021
O
Colexio
Miraflores, en Pereiro de Aguiar (Ourense), estreou un novo punto de
investigación de docencia para fomentar futuras vocacións
cientÃficas e tecnolóxicas. Trátase dunha Aula de Divulgación
CientÃfica, impulsada en colaboración coa UNED Ourense. O obxectivo
é achegar ao universo STEM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e
Matemática) ao alumnado do Colexio Miraflores, poñendo o foco,
tamén, no profesorado (poñendo á súa disposición cursos de alto
nivel para axudar aos docentes a profundar nos coñecementos das súas
áreas de especialidade).
Na
Aula desenvolveranse obradoiros centrados nas máis variadas
temáticas, entre as que se inclúen actividades de ciencia
electromagnética, quÃmica, paleontoloxÃa, arqueoloxÃa, historia,
robótica, dixitalización ou Intelixencia Artificial. O protocolo
de colaboración tamén inclúe outras actividades da Oficina de
Transferencia da Investigación (OTRI) entre as que se atopan sesións
e cursos de psicoloxÃa, de comprensión lectora ou de competencia
matemática, entre outras moitas temáticas.
Este protocolo terá
unha vixencia de tres anos.