O Colexio Oficial de Médicos de Lugo presentará a DosisPedia

martes, 3 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

DosisPedia, a aplicación desenvolvida por Smart GalApps para facilitar aos sanitarios a prescrición de medicamentos aos cativos, vai presentarse mañá ás 19:30 horas no Salón de Actos do Colexio Médico de Lugo, onde o presidente do Colexio, Manuel Boquete conducirá o acto ao que tamén asistirán o vicepresidente segundo do Colexio e xefe de servizo de Pediatría do Hospital da Costa, Manuel Silveira, e un representante de Smart GalApps.
Esta ferramenta para dispositivos móbiles parte dun proxecto colaborativo entre o Servizo de Pedriatría do Hospital de Burela e o Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Lugo. A aplicación, dispoñible de balde en Google Play (e en breve tamén na App Store), é moi práctica, doada de utilizar e intuitiva, calculando a dose dos fármacos empregados en pediatría en función do peso do paciente, polo que pode axilizar o traballo de profesionais pediátricos, pero tamén de médicos de familia, médicos de urxencias, traumatólogos, dentistas, otorrinolaringólogos, oculistas, dermatólogos, alergólogos e outros sanitarios.



ACTUALIZACIÓN (4-2-2015): O acto de presentación adía a súa data polas condicións meteorolóxicas adversas.

PUBLICIDADE