O Concello da Coruña e Democom presentan un proxecto tecnolóxico revolucionario
martes, 11 de novembro do 2008
O Club Financeiro Atlántico da Coruña vai dar
acollida, mañá mércores 12 de novembro ás 10:00 horas, a rolda de prensa
convocada polo Concello da Coruña, o operador galego Democom e a Universidade alemá de Saarbrücken
para presentar un pioneiro proxecto tecnolóxico “de alcance internacional” que están a desenvolver de forma conxunta.
Á convocatoria asistirán Enrique Tello, primeiro
tenente alcalde do Concello da Coruña e Xosé Antonio Ferreira, presidente de
ITC Grupo en representación de Democom, que darán a coñecer os pormenores do
acordo que formalizaron coa universidade alemá de Saarbrücken para desenvolver o
devandito proxecto tecnolóxico.