O Concello da Coruña e a RAG presentan unha serie web sobre as mulleres nas Irmandades da Fala
mércores, 8 de novembro do 2023
O
Concello
da Coruña e a Real Academia Galega (RAG) presentaron na Fundación
LuÃs Seoane a serie web Irmás da fala producida pola RAG
e realizada por Nós TV co apoio económico do Concello da Coruña. O
primeiro capÃtulo estréase na noite deste 7 de novembro e
posteriormente, cada martes (ata o vindeiro 28 de novembro)
presentarase un novo episodio. A serie poderá verse ademais en Nós
TV e en Movistar Plus.
Trátase
dun documental de 90 minutos en catro capÃtulos sobre as irmandiñas,
que reivindicaron os dereitos das mulleres como cidadás cando aÃnda
nin se recoñecera o voto feminino.
O
concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro,
interviu na presentación xunto coa secretaria da institución,
Margarita Ledo e acompañados pola guionista, Ana Viqueira, e a a
poeta RosalÃa Fernández Rial, condutora dos catro capÃtulos.
"A
Coruña é berce do galeguismo e do feminismo galego e as irmandades
da fala son o mellor exemplo, contando con decenas de mulleres entre
as súas filas que puxeron a igualdade e a lingua no centro da
acción" explicou Gonzalo Castro.
A
narración de Irmás na Fala enlÃñase a través das
biografÃas de cinco irmandiñas destacadas: Micaela Chao Maciñeira,
a "irmá pioneira"; a modista MarÃa Miramontes, mecenas de
proxectos coma as Escolas de Insiño Galego; a mestra Elvira Bao,
seguramente a primeira irmá que pronunciou mitins; Amparo López
Jeán, presidenta da Agrupación Republicana Feminina da Coruña e
primeira afiliada do Partido Galeguista nesta cidade; e a nadadora
Emilia Docet, a chamada Miss España galeguista, participante no
Mitin das Arengas da praza da Quintana canda figuras coma Castelao ou
Otero Pedrayo.
O
martes 14 de novembro estrearase o segundo episodio, centrado en
Elvira Bao e MarÃa Miramontes, dúas figuras centrais na
galeguización da educación que defendÃan as Irmandades da Fala,
que trataron de poñer en marcha as Escolas de Insiño Galego. O 21
de novembro lanzarase un novo episodio sobre Amparo López Jeán e
Emilia Docet e o derradeiro capÃtulo, que poderá verse a partir do
28 de novembro, abordará o legado das irmandiñas.