O Concello da Coruña forma ás pequenas empresas no uso de ferramentas dixitais para a mellora da xestión
xoves, 7 de maio do 2026
O Concello da Coruña organiza entre os meses de maio e xuño un programa formativo en intelixencia de negocio que consta de varios ciclos formativos gratuÃtos, con inscrición previa. Os módulos impartiranse no Centro Municipal de Emprego Papagaio.
Os cursos (con inscricións en liña en cada ligazón) por impartir son: Extracción e análise de datos con Excel (Power Query e Pivot): 7, 11 e 12 de maio, Desenvolvemento de cadros de mando con Power BI (I): 14, 19 e 21 de maio; e Desenvolvemento de cadros de mando con Power BI (II): 26 de maio, 2 e 4 de xuño.
"As institucións públicas están para axudar aos pequenos emprendedores. Por iso desde o Goberno de Inés Rey poñemos recursos ao seu dispor, afondando en cuestións que impulsen a innovación e a eficiencia a través de formacións gratuÃtas como estas que permitan actualizar as formas de traballar e competir nos mercados modernos", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Dixital, Juan Ignacio Borrego.
Lembrou que a Intelixencia no Negocio ou Business Inteligence (BI) é un conxunto de ferramentas, tecnoloxÃa e procesos encamiñados a converter os datos en información e a información en coñecemento para a toma de decisións. O programa é integral e progresivo cunha estrutura modular que permite facer cada un dous módulos de xeito independente.
Estas formacións están recomendadas para persoas que teñan un dominio intermedio de ferramentas como o Excel ou Power B, e deben dispoñer dun portátil co Excel instalado. Todas as sesións son en horario de 17.30 a 19.30 h.
