O Concello de Ames entrega os diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias
xoves, 13 de febreiro do 2025
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este mércores 12 de febreiro pola tarde o acto de entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias, que comenzaron no pasado mes de outubro. Estes cursos foron impartidos en Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño, e neles participaron 25 persoas. A continuación, ás 18.30 horas, impartiuse unha conferencia sobre ciberseguridade, na que se abordaron as posibles ameazas e perigos da internet na actualidade. Tamén se falou sobre diversas ferramentas e consellos para protexernos.
O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxÃas, Blas GarcÃa, foi o encargado da entrega dos diplomas dos cursos nos que participaron 25 persoas. Estas actividades estiveron organizadas pola aula AMTIC do Concello de Ames. A través de dita formación buscouse achegar á veciñanza das parroquias ao desenvolvemento dixital.
O temario destes cursos de 25 horas abrangueu nocións de alfabetización informática, ofimática básica e mecanografÃa, xestión persoal na Internet (uso do correo electrónico, cita médica, banca online, declaración da renda, compras seguras pola internet, buscas fiables de información, etc) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxerÃa, uso da cámara, agregar e eliminar contactos...).
As actividades impartÃronse nos locais sociais de Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño. Os martes o curso impartiuse en Covas (en horario de 16:15 a 18:15 horas). En Augapesada a formación desenvolveuse os mércores (de 16:00 a 18:00 horas). O xoves as clases foron en Tapia (de 16:15 a 18:15 horas). Para rematar, os venres desenvolvéronse no centro social de Ortoño (de 17:00 a 19:00 horas).
A continuación, ás 18.30 horas, impartiuse unha conferencia sobre ciberseguridade, a través da cal se impartiron nocións para coñecer as posibles ameazas e perigos da Internet na actualidade, asà como ferramentas e consellos para protexernos. Algúns dos temas que se abordaron en dita conferencia foron que é a ciberseguridade, a importancia da ciberseguridade, as principais ameazas que existen (malware, phishing, ransomware), as consecuencias dun ciberataque (perda de diñeiro, roubo de identidade, danos a reputación persoal ou profesional) e como nos poden atacar a través de suplantacións de identidade (phishing), das redes sociais ou accedendo a un servizo de Wi-Fi público.
Ademais, impartÃronse consellos básicos para poder protexernos de ditos ataques (contrasinais seguras, autenticación en dus pasos, actualización de software, instalación de antivirus, coidado coas ligazóns e arquivos adxuntos); seguridade en dispositivos móbiles; e protección da privacidade en liña. Por último, fÃxose un repaso dos puntos claves e achegáronse uns consellos finais. Tamén houbo tempo para facer preguntas e propor dúbidas.