O Concello de Ames quere mellorar a web municipal coa axuda directa da cidadanía

mércores, 25 de novembro do 2020 S. P.

O Concello de Ames lanzou unha enquisa para a veciñanza co obxectivo de mellorar, coa axuda das contribucións das veciñas e veciños, a páxina web municipal. O inquérito pon o foco no deseño, nos contidos, na frecuencia e no destino das visitas, a facilidade de acceso aos distintos apartados e o uso particular que cada usuaria/o fai da páxina web municipal.
Ademais, a enquisa deixa aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar este portal. A enquisa publicouse na propia web municipal e estará aberta durante varias semanas. Con ela preténdese saber a periodicidade e frecuencia das visitas, a valoración dos diferentes elementos da páxina web, a utilidade dos seus apartados, os usos que lles dá a estes elementos ou os posíbeis elementos que cumpriría incorporar.

PUBLICIDADE