O Concello de Arteixo achega 105.000 euros para mellorar as competencias dixitais do alumnado
mércores, 6 de agosto do 2025
O Concello de Arteixo abriu o prazo para que os centros públicos do municipio poidan solicitar subvencións destinadas a mellorar as competencias dixitais do alumnado. As axudas están pensadas para investir en equipamento tecnolóxico e ferramentas TIC que reforcen os coñecementos e habilidades das e dos estudantes.
Poden solicitalas todos os centros públicos (obrigatorios e non obrigatorios) situados no termo municipal de Arteixo. O orzamento será de 105.000 euros. O prazo para solicitalas será de 15 dÃas naturais desde o seguinte á publicación no BOP (4 de agosto de 2025). Máis información no BOP. En canto sexan entregados estes apoios deberán empregarse na adquisición de recursos que impulsen a innovación educativa e a transformación dixital das aulas.
