O Concello de Boiro reforza con tabletas os obradoiros de memoria de Cruz Vermella

xoves, 26 de setembro do 2024 S. P.

O Concello de Boiro fixo unha cesión tabletas ás persoas usuarios dos obradoiros de memoria da agrupación local da Cruz Vermella, destinados a fortalecer os contidos e as actividades desenvolvidas. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, visitaron unha das primeiras sesións destes talleres nos que empregaron os dispositivos electrónicos.
A Administración local adquiriu para a súa cesión á Cruz Vermella trinta tabletas que se empregarán tanto nos obradoiros de estimulación cognitiva coma nas actividades de apoio escolar que desenvolve a entidade.
“Estes aparellos electrónicos servirán de apoio nas actividades que xa veñen realizando os nosos maiores e potenciar os seus estímulos visuais”, recoñeceu o concelleiro.
A Cruz Vermella de Boiro leva a cabo actividades de saúde cognitiva con persoas maiores en todas as parroquias do municipio. “Introducir a tecnoloxía nas actividades cos nosos maiores vailles supoñer un novo reto e permitiralles familiarizarse cos dispositivos móbiles que, cada vez, están máis presentes no noso día a día”, afirmou o alcalde.
A adquisición destes dispositivos realizouse mediante o POS+ para Servizos Sociais Extraordinarios da Deputación da Coruña.