O Concello de Brión comeza ano con formación TIC para a cidadanía

xoves, 24 de xaneiro do 2019 Redacción

Exterior do consistorio de Brión nunha imaxe da Galipedia

O Concello de Brión quere comezar o ano con formación en novas tecnoloxías para a cidadanía, poñendo o foco na alfabetización de base. Nesta liña, o Goberno local vén de presentar a súa oferta formativa para o vindeiro mes de febreiro, que inclúe dous cursos que terán lugar na aula CeMIT emprazada na Carballeira de Santa Minia. Trátase dun curso de iniciación a informática, que se celebra os luns e mércores, de 20:00 a 22:00 horas, entre o 11 de febreiro e o 13 de marzo; e un curso de Power Point que se desenvolverá os martes e xoves, de 10:30 a 12:30 horas, do 12 de febreiro ao 21 de marzo.
En ambos casos, o Concello de Brión oferta 12 prazas por unha cota de 30 euros, cun desconto do 50% para persoas desempregadas: 15 euros. Os dous cursos devanditos terán unha duración de 20 horas lectivas. As inscricións poden formalizarse ata 1 semana antes do inicio do curso na Casa da Cultura de Brión, chamando ao 981 50 99 08 ou enviando un correo electrónico a empregobrion@gmail.com.

PUBLICIDADE