O Concello de Covelo organiza un curso de competencias tecnolóxicas básicas con vistas na empregabilidade
martes, 28 de novembro do 2023
O
Concello
de Covelo informa que está aberto o prazo para inscribirse no curso
de informática de competencias dixitais básicas, destinado a
incrementar a empregabilidade da cidadanía e reducir a fenda das
persoas que teñen formación TIC (e poden gozar de todas as vantaxes
que estas proporcionan, non só para comunicarse a acceder a
información, senón tamén realizar trámites coas administracións,
entre outras cousas) das que non contan con esa formación.
A
actividade abéirase ao VII Plan de Formación para o Emprego do
Concello de Covelo. O curso celebrarase en horario de tarde de 16:30
a 19:30 horas os días 11, 12, 13, 14, 18, 19, 20, 21, 27 e 28 de
decembro de 2023.
O
Plan de Formación para o Emprego do Concello de Covelo ten como
obxectivo “establecer medidas e actuacións concretas que melloren
a protección ante a perda de emprego e a eficacia na recolocación
dos/as desempregados/as así como a formación ao longo da vida”,
explicou a concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes.
As
persoas que desexen máis información sobre as accións formativas
e/ou a documentación a aportar poden poñerse en contacto coa
Concellería de Formación e Emprego e co auxiliar de Desenvolvemento
Local no número de teléfono: 986 650 027 Ext 4 ou 1
O
prazo de inscrición rematará o vindeiro día 5 de decembro ás
13:30 horas. As persoas interesadas en participar deberán estar
empadroadas no concello. Este novo curso está dirixido a persoas
desempregadas e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de
Galicia aínda que no suposto de que a totalidade de prazas non se
cubran con persoas en situación de desemprego, poderán ofertarse a
traballadores en activo.
Tódolos
solicitantes deberán aboar no momento da inscrición o prezo público
pola participación en cursos establecido na Ordenanza Fiscal
Reguladora do Prezo Público pola Prestación de Actividades Lúdicas,
Recreativas, Culturais, Formativas e Deportivas.