O Concello de Ferrol achega o seu mapa do Nadal en formato dixital
martes, 24 de decembro do 2024
O Concello de Ferrol habilitou un mapa interactivo con toda a información sobre o Nadal na cidade, que xa se pode visitar e empregar dende a web municipal. DispoñÃbel en tres idiomas (galego, castelán e inglés), a ferramenta en liña ten a finalidade de informar a veciños e visitantes sobre os atractivos da cidade durante estas festas.
AsÃ, debuxa os percorridos das cabalgatas de Papá Noel e Reis; descobre os recunchos con máis encanto da cidade; informa sobre os percorridos da cidade en tren e facilita unha ligazón ao programa completo da axenda de Nadal, entre outros contidos.