O Concello de Ferrol e R achegan ás familias vulnerábeis tabletas con conexión á Rede
luns, 11 de xaneiro do 2021
O
Concello de Ferrol activou un plan para fornecer de material
tecnolóxico ás familias vulnerábeis co obxectivo de que poidan
desenvolver a súa actividade formativa en caso de que se decreten
novos confinamentos puntais. Os
detalles da iniciativa En Rede na casa foron presentados a
semana pasada pola edil de Benestar Social, Eva Martínez
Montero, quen aclarou que as tabletas recibidas emprestaranse aos
fogares que os demanden a través dos centros escolares do municipio.
O
programa sae adiante co orzamento do Premio Solidario Cidade de
Ferrol 2020, que homenaxeou ao conxunto de entidades sociais polo seu
labor durante a pandemia. Os dispositivos, que veñen con todo o
preciso para traballar en rede, foron proporcionados de balde pola
compañía R.
As
solicitudes, explicou a edil, tramitaranse a través dos centros
escolares da cidade, que se poñerán en contacto coa concellería de
Benestar Social. A concelleira engadiu que o programa En Rede
na casa foi posto en marcha para contribuír á igualdade de
oportunidades dos menores “nun momento tan excepcional”.