O Concello de Lugo e AMTEGA traballan nas parroquias para mellorar a cobertura móbil no rural
xoves, 19 de outubro do 2023
O
Concello
de Lugo, a través da área de Transición Ecolóxica e Impulso Rural
que dirixe Miguel Fernández, está dar pasos para mellorar a
cobertura móbil nas parroquias do termo municipal. Faino coa
procura de terreos que permitan a instalación de torres de
comunicación, un labor que comezou xa no mandato pasado e que nos
últimos meses abrangueu tamén a colaboración con AMTEGA, a Axencia
para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, na localización das
parcelas máis axeitadas.
Ao
devandito, explicou o Concello, súmanse as tarefas de intermediación
coa veciñanza que reside nos núcleos para propiciar a cesión dos
predios que o propio ente autonómico considerou como máis axeitados
ou idóneos para localizar os equipamentos.
En
concreto, a Concellería de Impulso Rural mantivo xa conversas coa
veciñanza de Santa María Alta, onde a superficie seleccionada pola
AMTEGA correspóndese cun monte en man común. “Nestes momentos o
proceso está en fase de negociación para posibilitar que os
titulares destas terras cedan a súa utilización para poder mellorar
as conexións telefónicas de toda a zona”, explicaron fontes do
Concello, engadindo que se está a traballar nas parroquias de Gondar
e Piñeiro para facilitar a posta a disposición de parcelas que se
adapten ao requirimentos da axencia galega.
Amais,
o Concello de Lugo presentou un informe na Dirección Xeral de
Telecomunicacións no que se recollían as necesidades dos diferentes
núcleos do rural en canto á mellora de telefonía e conexión a
Internet. “O obxectivo era sinalar os puntos nos que as
administracións competentes deben actuar con maior inmediatez para
garantir a igualdade de oportunidades e dereitos en todo o municipio
en canto á dixitalización do territorio, un cometido que seguimos a
desenvolver, brindando a máxima cooperación posible e vixiantes de
que os compromisos anunciados se cumpran”.