O Concello de Marín organiza uns obradoiros informáticos para os profesionais da zona
martes, 24 de setembro do 2024
O Concello de Marín anunciaba este mes de setembro que organizará un obradoiro básico de informática encamiñado aos e ás comerciantes, hostaleiros e outros profesionais da zona que queiran mellorar a súas competencias dixitais, tanto no uso de ferramentas tecnolóxicas que lles fagan máis doado o seu traballo como no impulso da súa presenza no ecosistema das redes e dos buscadores web.
Dicir que será a través da plataforma municipal Marín en Rede, e a través do mailing desta plataforma, onde se pide ás persoas que expresen nunha enquisa que aspectos a nivel informático lles interesan máis, coa finalidade de adaptar este obradoiro ás demandas específicas daqueles interesados en participar del.
As sesións formativas serán do 30 de setembro ao 4 de outubro, en horario de 8.30 a 9.30 horas, na Aula CeMit da Biblioteca Pública Vidal Pazos. Subliñar que o prazo de inscrición para participar nestes obradoiros remataba o pasado venres 20 de setembro.