O Concello de Mos retoma en setembro os cursos de capacitación dixital
martes, 26 de agosto do 2025
O Concello de Mos, a través da Axencia de Colocación, retoma en setembro os cursos de capacitación dixital incluÃdos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiados con fondos Next Generation da Unión Europea.
Estas accións formativas, de carácter totalmente gratuÃto, teñen unha duración de 30 horas e teñen como obxectivo mellorar as competencias dixitais da poboación, ofrecendo oportunidades de formación nas novas ferramentas tecnolóxicas necesarias hoxe en dÃa.
Os cursos están dirixidos a todas as persoas interesadas, tanto mozos e mozas como persoas maiores, persoas desempregadas, traballadores/as ou persoas con discapacidade.
As vindeiras quendas comezarán o 1 de setembro e prolongaranse ata o mes de outubro, con diferentes horarios para favorecer a conciliación e a flexibilidade.
Calendario de cursos a partir de setembro:
6º curso (nivel baixo-medio): do 1 ao 12 de setembro (09:30 a 12:30 h)
7º curso (nivel baixo-medio): do 22 de setembro ao 3 de outubro (18:00 a 21:00 h)
8º curso (nivel baixo-medio): do 13 ao 24 de outubro (09:30 a 12:30 h)
Accións formativas incluÃdas:
-TecnoloxÃas habilitadoras dixitais (2 h): Intelixencia Artificial, Ciberseguridade e Realidade Virtual.
-Información e alfabetización dixital (7,5 h): xestión do correo electrónico, buscadores, marcadores sociais.
-Comunicación e colaboración (7,5 h): identificación de medios de comunicación axeitados en cada contexto, redes sociais e casos de uso.
-Creación de contidos dixitais (7,5 h): uso de Office 365, edición de imaxe, vÃdeo e audio, impresión 3D.
-Seguridade na Rede (7,5 h): seguridade en terminais móbiles, protección en Internet e ciberataques.
-Resolución de problemas: aplicacións de xestión de equipos en remoto e introdución a metodoloxÃas áxiles.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda ás persoas interesadas anotarse canto antes indicando a súa preferencia de datas. As inscricións poden realizarse enviando un correo electrónico a empleo@concellomos.es ou chamando ao 986 48 77 86.
Os cursos desenvolveranse na Axencia de Colocación de Mos (avda. de Peinador, 39 – Puxeiros).
