O Concello de Noia estrea nova páxina web
xoves, 13 de xuño do 2024
O Concello de Noia achegou este mes de xuño unha importante novidade en materia de comunicación e información: a nova páxina web municipal.
Trátase dunha ferramenta de utilidade para coñecer o que acontece na vila en todos os ámbitos posÃbeis (cultural, turÃstico, social, deportivo, urbanÃstico, patrimonial, etc) e tamén para introducirnos na súa historia e no papel relevante que xogou e xoga a nivel comarcal, autonómico e estatal.
Segundo informou o Concello, pretendeuse que fose unha web atractiva e accesÃbel, pero tamén de utilidade para veciños e visitantes, con ferramentas de relevancia como unha canle de información turÃstica e outras envorcadas nos deportes, os servizos sociais, as obras e o urbanismo, a educación, os parques e xardÃns, o comercio e a industria e a cultura-festexos. Inclúe tamén ferramentas para coñecermos a disposición do Goberno local e os recursos locais de transparencia, ademais de seccións de novas, servizos ao cidadán e trámites e xestións na sede electrónica.