O Concello de Noia pon a disposición da veciñanza a súa app municipal
martes, 31 de xaneiro do 2023
O
Concello de Noia presentou os días pasados a súa aplicación móbil
municipal, baixo o epígrafe Noia na túa man!. Fíxoo logo de
meses de probas para ultimar detalles e mellorar ao máximo as
funcionalidades, a accesibilidade e as facilidades de uso da
ferramenta para dispositivos.
A
presentación oficial celebrouse o pasado 24 de xaneiro. Participou a
concelleira de Novas Tecnoloxías, Laura Salgado, quen sinalou que
estamos ante “unha app variada e interactiva, con toda a
información da vila no móbil de cada veciña e veciño”.
Inclúe
noticias, axenda de eventos, acceso directo á sede electrónica,
sección con avisos importantes, calendario de impostos, prazos de
inscricións e subvencións e servizo de envío de mensaxes.
Quen
desexe descargala pode facelo escaneando o código QR da ferramenta
ou accedendo ás web de Apple
e Android.