O Concello de Noia pon en marcha unha canle de WhatsApp

mércores, 25 de setembro do 2024 S. P.

O Concello de Noia engadiu unha nova canle ao seu conxunto de ferramentas de comunicación dixital: unha canle propia de WhatsApp coa que estreitar a relación coa cidadanía e tela ao tanto das novidades relativas á actividade municipal. O obxectivo é achegar comunicacións de “xeito rápido e sinxelo”.
O Concello explica que para recibiren todos os avisos importantes os veciños só teñen que acceder á canle de WhatsApp e activar a campá de notificacións, o que fará que “non se perdan ningunha información imporante do concello”.