O Concello de Oleiros organiza cursos de uso de redes sociais para persoas maiores

venres, 20 de novembro do 2020 Sonia Pena

O luns 23 de novembro abre o prazo de inscrición para as actividades formativas sobre redes sociais organizadas polo Concello de Oleiros e dirixidas a persoas maiores de 60 anos empadroadas no termo municipal. A oferta destes cursos está enmarcada dentro do programa de Alfabetización Dixital organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
Os obxectivos principais destes obradoiros son “promover un uso responsábeis das redes sociais, así como fomentar o emprego de novos dispositivos tecnolóxicos”. Amais, pretende potenciarse un envellecemento activo e coñecer as posibilidades de relación e interacción social que as novas tecnoloxías ofrecen.
As inscricións serán a través da web municipal, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 9.00 horas do luns 23 de novembro e rematará ás 20.00 horas do 29 de novembro. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.

PUBLICIDADE