O Concello de Ourense estrea dúas novas redes sociais
venres, 21 de outubro do 2022
O Concello de Ourense quixo ampliar os horizontes
da súa comunicación coa cidadanía e ao abeiro deste obxectivo (e
do reto de achegarse ás novas xeracións) habilitou dúas novas
redes sociais. Na súa conta de Instagram
(@concelloourense)
atoparemos información diaria sobre as noticias, as actividades e os
eventos que ocorran na cidade. Ademais, actualizaranse diariamente as
súas historias fixadas para achegar as novidades do momento aos
cidadáns.
Mentres tanto, na conta de TikTok
(@concelloourense)
compartiranse especialmente en formato de vídeo os eventos máis
importantes co fin de promocionar a cidade e achegarse á poboación
máis nova.
Estas plataformas súmanse as xa existentes:
Facebook: Conta
oficial do Concello de Ourense en FaceBook
Twitter: @OurenseConcello
YouTube: Conta
oficial do Concello de Ourense en YouTube
Telegram: OurenseConcello