O Concello de Poio habilita unha web para dar o despegue definitivo á participación cidadá e asociativa

xoves, 4 de agosto do 2022 S. P.

Participación Veciñal do Concello de Poio presentou estes días unha nova web, participaenpoio.gal para facilitar a comunicación dixital e o diálogo entre a cidadanía, as entidades sociais e a Administración local. Abéirase ao proxecto Contorna Cidadá, impulsado pola dita área municipal que dirixe Silvia Díaz (Avante Poio) con vistas a canalizar a implicación social no municipio de Poio.
A web que se abriu ao público esta semana é o espazo dixital onde se recollen todos os ámbitos do proxecto Contorna Cidadá:. Trátase pois dunha plataforma que unifica nun só lugar as canles de participación, e que aspectos tan destacados como un escaparate do tecido asociativo do concello. “Por primeira vez”, explicou a edil, “Poio conta cun espazo municipal onde promocionar e dar a coñecer o labor e a programación de actividades que fan as entidades de Poio, e ademais poñemos á disposición dos propios colectivos e tamén da veciñanza unha ferramenta para interactuar entre eles e coa administración, que facilita e dinamiza a participación”.
O sitio conta coas seguintes seccións: Actualidade, Social, Eapazos, Colectivos, Kit Informativo e A Túa Voz Conta.
A páxina, segundo informou a concelleira, é o resultado do traballo colectivo que se iniciou hai un ano, e foi posíbell grazas ás asociacións de Poio, ás “que queremos agradecerlle o esforzo e o tempo dedicado, sumándose a este proxecto coa vontade de actualizar e de darlle un novo impulso ao tecido asociativo municipal”, sinalou, engadindo que a páxina constitúe o “primeiro paso visíbel deste traballo conxunto”, porque a incorporación de contidos “é un proceso continuo, e o rexistro municipal de asociacións está en constante renovación, con cambios e novas incorporacións, e por iso está prevista xa a celebración das III Xornadas en Común que serán á volta do verán, con novas actividades e iniciativas.ociativo do noso concello”.

PUBLICIDADE