O Concello de Poio remata o curso de IA logo de mes e medio de formación

martes, 16 de xuño do 2026 S. P.

Dende o Concello de Poio pechaban esta semana o curso de formación en intelixencia artificial (IA), que durante un mes e medio permitiu ao alumnado achegarse a esta tecnoloxía para aprender a aplicala no día a día, tanto a nivel persoal como profesional.
Salientar que Ángel Moldes, alcalde de Poio, participou na última sesión, na que subliñou a importancia de aproveitar todas as oportunidades que ofrece a intelixencia artificial.
Nesta última sesión, na que participaron o alcalde e a concelleira de Novas Tecnoloxías, Tamara González, fíxose fincapé na importancia das oportunidades que achega a IA. Máis en concreto, no curso aprenderon a xerar ideas orixinais, redactar textos, deseñar imaxes e crear vídeos de calidade en cuestión de minutos a través desta tecnoloxía. Durante as sesións tamén se traballaron a mellora da marca persoal e a identificación de novas oportunidades laborais a través do uso destas aplicacións de uso cotián.
Engadir que esta actividade, que se desenvolveu na Aula Cemit situada en Combarro, forma parte da aposta do Concello de Poio por ofrecer formación presencial gratuíta, adaptada a todos os niveis, co obxectivo de aprender a usar a tecnoloxía para mellorar a vida cotiá.