O Concello de Porto do Son forma ás persoas maiores en TIC
mércores, 16 de xullo do 2025
O Concello de Porto do Son, xunto coa ConsellerÃa de PolÃtica Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a Fundación Amigos de Galicia, impulsa un programa de promoción e emprego das TIC (TecnoloxÃas da Información e a Comunicación) nas persoas maiores baixo o tÃtulo @s nos@s maiores, mellor acompañad@.
Celebrarase os dÃas 31 de xullo, e o 7, 14 e 21 de agosto de 10:00 a 12:30 horas no Club de Xubilados. As inscricións poden realizarse no departamento de Servizos Sociais, no teléfono 981 867 414 de 10:00 a 12:00 horas. Tamén se pode enviar un correo ao enderezo maria.santos.lemina@portodoson.gal.
O prazo para inscribirse vai do 14 ao 23 de xullo. Falarase de ferramentas como os caixeiros automáticos, os teléfonos móbiles, a aplicación móbil do SERGAS, a máquina de quendas e outros trámites a ter en conta na vida cotiá.
