O Concello de Ribeira achega ás persoas maiores das parroquias un obradoiro de aplicacións móbiles

luns, 8 de xaneiro do 2024 S. P.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou este luns 8 de xaneiro os obradoiros de uso de aplicacións móbiles para persoas maiores que organiza o Concello e que están previsto levar a cabo nas diferentes parroquias de Ribeira ao longo deste 2024.
“Os obradoiros de uso de aplicacións móbiles para adultos maiores representan unha oportunidade para achegar a esta xeración ás tecnoloxías actuais, brindándolles a posibilidade de explorar e beneficiarse das numerosas aplicacións deseñadas para mellorar a súa calidade de vida”, explicou o concelleiro, quen compareceu na compaña do tamén edil Fernando Abraldes.
“Estes talleres non só buscan ensinar o manexo básico de dispositivos móbiles, senón tamén mostrar como as aplicacións poden ser ferramentas útiles en diversos aspectos cotiáns”, engadiu.
Os obradoiros realizaranse en Corrubedo o 11 e 12 de xaneiro, en Olveira o 25 e 26 de xaneiro, Palmeira o 8 e 9 de febreiro, Artes o 22 e 23 de febreiro, Castiñeiras 7 e 8 de marzo, Aguiño 21 e 22 de marzo, Carreira 11 e 12 de abril, Oleiros 25 e 26 de abril e Castiñeiras o 9 e 10 de maio.
As actividades formativas desenvolveranse en horario de 16:00 a 18:00 da tarde e a inscricións poderanse realizar a través do correo: cemit.ribeira@xunta.gal ou ben mediante o tlf 981876043.

PUBLICIDADE