O Concello de Ribeira presenta novos cursos de informática para este verán
venres, 14 de xuño do 2024
Este xoves 12 de xuño celebrouse no Concello de Ribeira a presentación dos Cursos do Verán do Aula CeMIT local. Na cita dos medios o concelleiro de Novas TecnoloxÃas e segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, destacou a variedade e a cantidade de actividades formativas previstas para esta tempada estival, cursos que están orientados tanto a rapazada como á poboación adulta.
No mes de xullo organizaranse os seguintes cursos para nenas e nenos: Habilidades Dixitais (de 8 a 12 anos), o Campamento Dixital (de 13 a 17 anos); en agosto Informática divertida (de 8 a 12 anos), Edición de video con Davinci (de 13 a 17 anos) e Entorno de Realidade Virtual ( de 13 a 17 anos).
Por outra parte para os maiores no mes de xullo ofrecerase un curso de Iniciación á Informática e Internet, en xullo, e en agosto Informática a Nivel Medio e Introdución ás RRSS.
O segundo tenente de alcalde, Franciasco Suarez-Puerta, sinalou que estes cursos da Aula CeMIT foron propostos polo Concello de Ribeira e que son de balde. Para a inscrición as persoas interesadas pódense persoas nas instalacións da Aula no barrio de Cubeliños ou ben escribir un correo á conta cemit.ribeira@xunta.gal.