O Concello de Rois organiza o curso Dixital-Ãzate para persoas maiores de 60 anos
luns, 27 de xaneiro do 2025
Dende o Concello de Rois veñen de pechar o prazo (o venres 24 de xaneiro) para participar no programa Dixital-Ãzate, promovido pola Xunta de Galicia a través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, encamiñado a persoas maiores de 60 anos. O obxectivo deste programa é facerlles máis doado o manexo das ferramentas tecnolóxicas en tarefas tan cotiás como o uso do teléfono móbil, solicitar citas médicas, empregar o DNI electrónico e a Chave 365.
A este curso só poderán acceder 15 persoas, contando o programa con 10 sesións, impartidas cada 15 dÃas (os venres de 16 a 17 horas) até o mes de xuño.
Para máis información cómpre visitar o edificio Multiúsos de Rois ou chamando ao 981 800 810.