O Concello de San Xoán de Río aposta pola Administración Electrónica

venres, 18 de setembro do 2020 Redacción

O pasado mércores 16 de setembro o Concello ourensán de San Xoán de Río anunciaba o seu paso á eAdministración. Este paso garante para a cidadanía a opción de comunicarse coa Corporación de xeito telemático, un avance moi importante e máis nestes tempos nos que o distanciamento social se traduce en seguridade para todas e todos. Asemade, a xestión electrónica suporá tamén que os cidadáns de San Xoán do Río verán reducido o tempo de tramitación e a racionalización nos procesos, así como a redución nos desprazamentos.
Indo á aplicación que fai posíbel as ditas vantaxes, esta chámase Xestiona e cómpre dicir que conta cun módulo para a xestión electrónica de expedientes, rexistro de entradas e saídas tanto para trámites manuais como electrónicos, oficina virtual e portal de transparencia, entre outras cousas. Engadir que posúe integracións coas plataformas de xestión administrativa da Administración Xeral do Estado.
Por último, dicir que o persoal do Concello pertencente á comarca de Trives xa recibiu formación para poder desenvolver o seu traballo dixital, a veciñanza de San Xoán de Río xa pode levar a cabo as súas xestións por canle electrónica. A formación continuará no mes de outubro.

PUBLICIDADE