O Concello de Teo finaliza o curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil
xoves, 23 de xaneiro do 2025
Dende o Concello de Teo veñen de anunciar o remate dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil. A xeito de clausura desta actividade a alcaldesa de Teo, LucÃa Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, entregaba na pasada mañá do venres 17 de xaneiro os diplomas ás persoas participantes.
Cómpre sinalar que desta formación se beneficiaron un total de oito veciños e veciñas de Teo.
A formación está sendo moi demandada pola veciñanza co fin de poder adquirir coñecementos informáticos básicos e asà poder manexar o ordenador e o teléfono móbil. Do mesmo xeito, tamén se están anotando moitas persoas que, unha vez finalizado este curso, queren seguir ampliando e reforzando coñecemento no curso de perfeccionamento, tamén impartido polo Concello.
Este curso, levado a cabo polo Departamento de Administración Electrónica e Apoio Dixital, está encamiñado a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello. A inscrición, tanto do curso básico como do de perfeccionamento, está sempre aberta, polo que as persoas interesadas en anotarse poden pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.