O Concello de Valdoviño oferta un programa sobre tecnoloxÃa creativa encamiñado á mocidade
xoves, 12 de xuño do 2025
Achegarse á tecnoloxÃa e aprender sobre este tema de xeito seguro, creativo e divertido é o obxectivo dunha actividade ofertada polo Concello de Valdoviño encamiñado a mozas e mozos de entre 14 e 17 anos. Baixo o tÃtulo CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital, terá lugar este obradoiro, guiado pola Fundación Esplai, que se celebrará do 1 ao 10 de xullo no centro sociocomunitario, en horario de 10 a 14 horas, ata completar as 30 horas previstas. A participación é de balde, con prazas limitadas.
A concelleira de Cultura e Servizos Sociais, Rosana GarcÃa, avanzaba contidos, e entre outros, sinalaba o uso responsable e consciente da tecnoloxÃa e redes sociais, as fake news, programación e robótica educativa, Intelixencia Artificial (IA) e creatividade dixital, ciberseguridade e prevención do ciberacoso, ou realidade aumentada e realidade virtual.
As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o 15 de xuño na Casa da Cultura e no departamento municipal de Servizos Sociais (de luns a venres de 10 a 14 horas), ou a través da sede electrónica. Asemade, a ficha de inscrición para avanzar traballo está dispoñible na web municipal.
