O Concello de Vedra facilita á veciña a consulta catastral, entre outros trámites electrónicos
mércores, 22 de xaneiro do 2025
O Concello de Vedra fixo balance dun servizo de seu habilitado para facilitar trámites electrónicos entre a veciñanza, principalmente de tipo de catastral, aÃnda que tamén se inclúen outro tipo de operacións. O servizo achégase todos os terceiros martes de cada mes no salón de plenos do Concello que, segundo informan fontes municipais, convértese ese dÃa nunha improvisada oficina de información catastral. Este servizo gratuÃto, achegado a través da empresa EIBISA (entidade autorizada polo Catastro), é obxecto de 200 consultas nun só ano, cunha media de 16 consultas ao dÃa.
As consultas máis frecuentes son acerca da titularidade catastral das fincas ou a modificación da titularidade, levándose eses dous temas unha gran porcentaxe da atención.
A maiorÃa dos trámites realÃzanse coa documentación aportada pola veciñanza: tÃtulos de propiedade, escrituras, DNI,... Entre os tipos de operacións máis frecuente figuran os seguintes: facilitar información sobre as notificacións recibidas polos interesados; asesoramento e asistencia para o cumprimento das declaracións 900D, recollida de documentación necesaria e presentación do expediente; información sobre a documentación técnica e xurÃdica necesaria para a tramitación dos expedientes de subsanado de discrepancias; recepción, información e asesoramento aos titulares catastrais incluÃdos nos expedientes cando reciban o trámite de audiencia; facilitar aos cidadáns a información técnica e funcional necesaria que permita a estes o uso do Portal web e a Sede Electrónica del Catastro tanto para a busca de información como para a realización de trámites de forma electrónica; convite aos titulares catastrais para que formulen as declaracións correspondentes no que atinxe os cambios de titularidade debido a compravendas, herdanzas, etc; e recepción e atención da problemática e suxestións que se puideran presentar polos cidadáns ante o Concello en relación co ámbito catastral.
Para recibir este servizo é preciso pedir cita previa no teléfono 981 814 612 en horario de oficina de luns a venres de 9 a 14 horas.