O Concello de Vedra presenta nova web de turismo
venres, 31 de marzo do 2023
O
Concello de Vedra
iniciou a tempada alta ca presentación da súa nova web de turismo,
un novo vÃdeo promocional e novos folletos, ademais da reapertura en
Semana Santa da Oficina de turismo en Ponte Ulla. A nova web
(www.vedraturismo.com)
estrutúrase dunha maneira sinxela e intuitiva, centrándose en dous
bloques principais: Imprescindibles
e Top Experiencias.
Por
unha banda, en Descubrir os usuarios poderán coñecer os
destinos de Vedra
que non podemos deixar de visitar,
como o Miradoiro de Gundián e o Pazo de Santa Cruz, ademais de
propostas de excursións para facer dependendo dos dÃas dos que
dispoñan como: Vedra nun dÃa,
Vedra en dous dÃas,
etc.
Por
outro lado, en Top Experiencias
atopámonos con distintas propostas para vivir Vedra dunha maneira
diferente como: as piraguas polo rÃo Ulla, os Xenerais do Ulla ou o
Roteiro da Emigración, entre outras.
Sen
esquecernos de información tan importante como a do Camiño de
Santiago ou onde comer e aloxarse.
Ademais
da web, tamén se aproveitou a ocasión para presentar o novo vÃdeo
de promoción turÃstica Son Vedra,
de un minuto e medio de duración, que fai un percorrido polos
distintos recursos turÃsticos do concello e no que participou a
veciñanza. Este vÃdeo estará dispoñÃbel
nas redes sociais do Concello e na súa páxina.
Por
último,
aproveitouse a ocasión para presentar os folletos
de Vedra.
Xa que os turistas e peregrinos comezan a chegar ao Concello, coma
tódolos anos en Semana Santa abre a Reitoral de Ponte Ulla, para
atender os centos de peregrinos que animados polo bo tempo escollen a
VÃa da Prata e o Camiño de Inverno como vÃa de peregrinación.