O Concello de Vigo neutraliza un ciberataque á web municipal

mércores, 13 de agosto do 2025 S. P.

Os servizos informáticos do Concello de Vigo foron quen de repeler hoxe un intento de paralización da xestión municipal, deixando restablecido o servizo a primeira hora desta mañá.
O alcalde Abel Caballero deu conta do ciberataque de negación de servizos sufrido pola páxina web do Concello ás 6:00 horas, coa intención de paralización da xestión municipal.
Tal e como explicou, os responsables son un grupo de ciberdelincuentes prorrusos chamados “Noname” que trataron de imposibilitar o acceso da cidadanía á tramitación online e así, degradar os servizos municipais. “Ás 8.00 detectamos o ataque e ás 8.30 quedou restablecido o servizo con normalidade”, apuntou, engadindo que nestes momentos continúan os ciberataques, pero “o noso sistema é capaz de repelelos. “Temos capacidade de rexeitalos sen que consigan o seu obxectivo”.