O Concello de Zas e a Cruz Vermella formarán aos maiores en novas ferramentas

mércores, 14 de xaneiro do 2026 S. P.

O Concello de Zas vai comezar o ano con apoderamento tecnolóxico para os maiores do termo municipal. Segundo informou o Goberno local convocáronse varios cursos formativos para maiores de 65 anos impartidos pola Cruz Vermella. O obxectivo será mellorar entre a veciñanza de idade o manexo das novas tecnoloxías da información e dos dispositivos e da comunicación dixital.
O primeiro dos cursos (Primeiros pasos co dispositivo) levarase a cabo os luns, mércores e venres en horario de 9.30 a 11.00 horas.
O segundo dos cursos (Comunicación e colaboración en rede) será os martes e xoves, en horario de 16.00 a 18.00 horas.
Cada actividade formativa terá unha duración total de 8 horas. As sesións arrincará o 26 de xaneiro e o prazo de inscrición xa está aberto e remata o 21 de xaneiro. As persoas interesadas en participar poden chamar ao 981 708 303. Trátase, en palabras do Concello, “dunha actividade totalmente gratuíta e dunha boa oportunidade para aprender, compartir e gañar autonomía no uso das tecnoloxías, nun ambiente próximo e adaptado”.