O Concello e a cidadanÃa de Muros colaboran co Proxecto Nós para crear tecnoloxÃas intelixentes que falen galego
luns, 21 de outubro do 2024
O próximo 29 de outubro, o Concello de Muros participará activamente na campaña de captación de voz organizada no marco do Proxecto Nós, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia (SecretarÃa Xeral da Lingua), co obxectivo de promover a presenza da lingua galega nas novas tecnoloxÃas, máis concretamente no ámbito da Intelixencia Artificial e en asistentes virtuais avanzados como Siri ou Alexa.
Esta xornada terá lugar na aula CEMIT do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
Dende o Concello confirmaron que a participación só require 15 minutos, e todas as persoas que colaboren recibirán un libro e un caderno de agasallo.
A concelleira de Lingua, Laura Rivadeneira, lanzou un chamamento a toda a veciñanza para que faga a súa achega en prol da nosa lingua, destacando a importancia de iniciativas como esta para mellorar os datos recentes sobre o uso do galego. "É fundamental que todas e todos colaboremos para garantir o futuro do galego no ámbito dixital, e esta é unha oportunidade única de contribuÃr directamente a que a nosa lingua teña un maior peso nas tecnoloxÃas do presente e do futuro", subliñou.
Proxecto Nós
O Proxecto Nós busca garantir que o galego forme parte dos avances dixitais, desenvolvendo ferramentas tecnolóxicas que permitan a interacción na nosa lingua, tanto de forma oral como escrita.
Entre os obxectivos do proxecto, inclúese a creación de sistemas de recoñecemento de voz, sÃntese de fala, tradución automática e asistentes virtuais que "entendan" e "falan" galego. Isto permitirÃa, por exemplo, que os galegofalantes puidesen dar ordes en galego a dispositivos como o GPS, asistentes virtuais como Siri ou Alexa, ou ditar textos de maneira fluÃda.
Para lograr isto, cómpre recoller unha gran cantidade de audios en galego, que serán utilizados para adestrar os sistemas de IA. A recollida de voces farase tanto en liña, a través da plataforma Doa Galego, como de maneira presencial en distintos concellos galegos, entre os que se inclúe Muros e, hai só uns dÃas, Ribeira.
Para participar individualmente, en grupo desde asociacións ou centros de ensino, é preciso contactar co Servizo de Normalización LingüÃstica a través do teléfono 981 826 050 ext. 3109.
Con esta colaboración, o Concello de Muros contribúe a que a lingua galega avance nas tecnoloxÃas de recoñecemento de voz e interacción dixital, garantindo que as xeracións futuras poidan utilizala con total normalidade en todos os ámbitos tecnolóxicos.