O Congreso Flúor xuntará en Pontevedra a 400 profesionais do marketing dixital
mércores, 12 de xuño do 2019
O Clúster de Comunicación de Galicia, que xunta a
impresoras, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, de medios,
marketing dixital, directores de marketing e directores de comunicación,
organiza o 1º Congreso Atlántico de Marketing
Dixital Flúor, que bota a andar este xoves en Pontevedra coas entradas
esgotadas, confirmando o interese por esta iniciativa que congregará a máis de
400 profesionais.
O encontro desenvolverase na sede de A Fundación e xuntará a 20 relatores de primeiros nivel.
A inauguración correrá a carga do alcalde de Pontevedra, a secretaria xeral de
Igualdade da Xunta de Galicia e o presidente do Clúster de Comunicación Gráfica,
e terá lugar ás 11:45 horas.
Durante os 2 dÃas nos que terá lugar Flúor os profesionais poderán acudir a 14 conferencias,
3 meses redondas e 5 obradoiros prácticos, á vez que tamén poderán relacionarse
entre eles, no que sen dúbida será un dos grandes incentivos para a participación
dun evento deste tipo.
- O congreso é unha grande oportunidade para que os profesionais galegos do marketing dixital coñezan as últimas tendencias e interactúen con outros profesionais do sector