O Congreso manterá o canon dixital
xoves, 20 de decembro do 2007
O pleno do Congreso do Deputados finalmente aprobou
a Lei de Impulso da Sociedade da Información (LISI) sen
que se aceptase a emenda que solicitaba a modificación no prazo dun ano do artigo 25 da Lei de Propiedade Intelectual para suprimir o canon dixital.
Curiosamente o Partido Popular, no Goberno cando se aprobou a LPI, agora se opón ó polémico gravame, sumándose ós moitos colectivos contrarios a unha taxa que se considera inxusta e arbitraria, e que suporá un atranco para a industria tecnolóxica.