O Consello de Europa oponse á polémica reforma do copyright

venres, 18 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

O pasado mes de setembro o Parlamento Europeo tomou unha polémica postura sobre o copyright que semellaba contraria aos dereitos da cidadanía, creando un serio conflito innecesario, que podería mudar a Internet para sempre (e para peor), levando a Google (e outras compañías) unha dura campaña para concienciar á cidadanía dos prexuízos que causaría a reforma do copyright proposta, e que parece ter callado, xa que o Consello de Europa votou en contra.
Os artigos polémicos, o 11 e o 13, levarían ás empresas de Internet a ter que pagar por ligar contidos e a ter que filtrar os contidos que suben os usuarios de xeito preventivo, sendo ambas medidas moi discutidas, e que poderían levar a xigantes como Google a restrinxir as súas actividades en Europa ante potenciais sancións.
Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Finlandia, Eslovenia, Italia, Polonia, Suecia, Croacia, Luxemburgo e Portugal serían os países que se opuxeron ao texto lexislativo, e non só considerarían que os artigos da polémica non protexen debidamente aos usuarios, senón que tamén terían en conta que os grupos con dereitos de propiedade intelectual aos que supostamente beneficiaría o artigo 13 están a posicionarse en contra da medida.
Temos así que a reforma do copyright na Unión Europea están lonxe de concluírse, e confíase en que nos vindeiros meses continúen as presións para que levar a Europea a un escenario que poida supor un freo para a innovación e a libre expresión na Rede.

PUBLICIDADE