O Consello de Ministros prorroga un ano a obriga da implantación de Verifactu
martes, 2 de decembro do 2025
O Goberno tiña en vigor un regulamento que fixa os requisitos que deben cumprir os sistemas informáticos e facturación empregados por empresarios e profesionais no exercicio da súa actividade, co propósito de garantir a integridade, conservación, accesibilidade, legalidade, trazabilidade e inalterabilidade dos rexistros de facturación, reforzando asà a loita contra a fraude tributaria.
A aplicación deste regulamento xa se adiou no pasado, quedando como prazos de implantación o 1 de xaneiro de 2026 para sociedades e para o 1 de xullo de 2026 para profesionais autónomos, pero os cambios necesarios para a implantación universal da facturación electrónica son máis profundos do previsto, e finalmente o Consello de Ministros determinou esta mañá a ampliación dos prazos previsto polo perÃodo dun ano.
A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes e voceira do Goberno, Pilar AlegrÃa, foi a encargada de anunciar que esta medida «moi importante para pemes e autónomos», que definiu como unha prórroga ata o ano 2027 «dos requisitos sobre sistemas informáticos de facturación que estable o denominado regulamento Verifactu. Deste xeito, para aquelas empresas cuxo prazo de implantación dos seus sistema informáticos comezaba o 1 de xaneiro de 2026, aprázase ata o 1 de xaneiro de 2027. E para as empresas e autónomos que tiñan como prazo o 1 de xullo de 2026, ese prazo trasládase ao 1 de xullo de 2027».
